|
Presentación
|
 |
|
|
|
|
Os lucenses levamos máis de trinta anos loitando por ter un Campus Universitario na capital da provincia.

A Deputación Provincial traballou de xeito especial con este fin, financiando infraestructuras, impulsando titulacións, contribuíndo ó sostemento de centros, creando residencias de estudiantes e, en fin, axudando de xeito decisivo a facer posible que Lugo sexa unha cidade universitaria con preto de seiscentos profesores e arredor de oito mil alumnos.
Por outra parte, a Deputación, a través dos diversos centros que dela dependen, impulsa outras ensinanzas que poden ser de gran interese para rapaces e maiores.
Tódolos habitantes da provincia teñen pleno dereito a participar desta realidade, e o primeiro para facilitar esta participación é o coñecemento do que Lugo posúe para a formación da súa mocidade.
Por eso a Deputación Provincial quere difundir por toda a provincia as posibilidades de estudio na capital lucense; porque a formación é a mellor dotación que podemos aportar ós nosos rapaces e rapazas. E se dispoñemos en Lugo da mellor formación, debemos procurar que toda a provincia sexa partícipe do que aquí se ofrece.
|
|
Francisco Cacharro Pardo,
Presidente da Excma. Deputación Provincial de Lugo
|
|
|
|
|
|